Rexenerando

Foro da mocidade

Foro da mocidade Un proxecto de fomento da participación cidadá e dos valores democráticos dirixido á poboación moza. Desarrollado para o Concello de Sada, inclúe obradoiros en aula para identificar as necesidades da mocidade e darlles forma a propostas para o seu concello, culminando nun Pleno con representación municipal para trasladar estas ideas. Ano: 2021Clienta: Concello de Sada

A festa, de hoxe nun ano

A festa, de hoxe nun ano Publicación realizada para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración coa veciñanza participante en comisións de festas. Este recurso recolle a memoria das festas patronais e serve como guía útil para as novas persoas encargadas, destacando a importancia da organización comunitaria.Ano: 2023Clienta: Asociación Airiños da Capela DESCARGAR

Curso Básico de Facilitación de Grupos

Curso Básico de Facilitación de Grupos A IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos” está acreditada polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe). Este curso está dirixido a persoas do ámbito educativo, mediación, dinamización sociocomunitaria, emprendemento social e activismo, entre outros, que desexan promover cambios participativos e innovadores nos seus grupos ou comunidades. Datas: Outubro 2024 – xuño 2025Lugar: Santiago de Compostela Dossier