A FESTA, DE HOXE NUN ANO
Publicación realizada para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración coa veciñanza participante en comisións de festas. Este recurso recolle a memoria das festas patronais e serve como guía útil para as novas persoas encargadas, destacando a importancia da organización comunitaria.
Formato: PDF
Ano: 2023
Clienta: Asociación Airiños da Capela
GOZANDO EN IGUALDADE
Unha guía dirixida a profesorado e familias que aborda a coeducación e o acompañamento das sexualidades na infancia. Desenvolvida para a ANPA do CEIP de Prácticas, presenta unha revisión crítica do modelo de educación sexual e recursos para tratar as sexualidades nas distintas etapas do crecemento.
Formato: PDF
Ano: 2022
Clienta: CEIP de Prácticas
FERROL REBELDE. MAPA DA HISTORIA OBREIRA
Proxecto de divulgación da memoria obreira de Ferrol, recollendo 100 anos de historia en 50 puntos clave da cidade. Este mapa visibiliza o movemento obreiro, promovendo o diálogo social sobre a identidade ferrolá e a súa historia.
Formato: PDF
Ano: 2021
Clienta: Deputación da Coruña
IRÍS: MEMORIA DUN SÉCULO
Publicación elaborada a partir dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria na parroquia de Irís, Cabanas. Recóllese un relato colectivo de cen anos de historia, transmitido polas persoas maiores da comunidade.
Formato: PDF
Ano: 2021
Clienta: Concello de Cabanas
PRENDA DO MEU QUERER
Material ilustrado creado para dar a benvida ás crianzas que nacen no Concello de Cabanas. Este recurso inclúe un paquete de agasallos e fomenta valores de coeducación, diversidade, sustentabilidade e amor pola terra.
Formato: PDF
Ano: 2022
Clienta: Concello de Cabanas
XOGANDO EN IGUALDADE
Guía para profesorado e familias centrada en xiros inclusivos no ámbito do xogo e o patio escolar. Desenvolvida para a ANPA Berbiriana do CEIP Zalaeta, promove a análise de patios cunha perspectiva de xénero, e ofrece dinámicas para traballar na aula ou na casa.
Formato: PDF
Ano: 2021
Clienta: ANPA Berbiriana, CEIP Zalaeta
Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia
FÁLAME CON CARIÑO
Guía educativa dirixida a familias e docentes sobre educación afectivo-sexual na adolescencia. Aborda temas como o sexo, a masturbación, a menstruación e a diversidade, e foi elaborada co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Formato: PDF
Ano: 2021
Clienta: Concello de Cariño
Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia