Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada en Ferrol no 2014. Dende entón, desenvolvemos proxectos de intervención sociocomunitaria co obxectivo de impulsar a xustiza social e fortalecer os vínculos colectivos
O noso equipo
En Rexenerando traballamos cun equipo interdisciplinar de socias e colaboradoras comprometidas coa creación de proxectos de calidade, baseados en relacións humanas fortes e significativas
Andrea Rico
Educadora social e pedagoga, especializada en facilitación de grupos e intervención socioeducativa. Coordina a área de Facilitación de grupos e participación social
Olga Romasanta
Historiadora da arte e xestora cultural, apaixonada pola memoria colectiva e o apego ao territorio. Coordina a área de Cultura, memoria e territorio
Martín V. Añel
Sociólogo e activista LGBTIQ+, con experiencia en igualdade de xénero e metodoloxías participativas. Coordina a área de Xéneros e identidade
Marcos Abalde
Filólogo, poeta e dramaturgo, colaborador en proxectos de recuperación da lingua e as memorias subalternizadas
Clientas e alianzas
Colaboramos con administracións públicas, asociacións e colectivos para desenvolver proxectos significativos. Entre as nosas clientas destacan: