Rexenerando

A Factoría: Espazo de formación para a transformación colectiva

A Factoría é o noso espazo formativo, inspirado no espírito colectivo e obreiro da comarca de Ferrol. Un lugar onde contribuímos á construción de relacións humanas máis xustas, integrando a revolución de aprender a traballar mellor en grupo. A través das nosas formacións, buscamos potenciar a diversidade e fomentar cambios positivos e satisfactorios nos grupos e comunidades.

Curso Básico de Facilitación de Grupos

A IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos” está acreditada polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe). Este curso está dirixido a persoas do ámbito educativo, mediación, dinamización sociocomunitaria, emprendemento social e activismo, entre outros, que desexan promover cambios participativos e innovadores nos seus grupos ou comunidades.

Datas: Outubro 2024 – xuño 2025
Lugar: Santiago de Compostela

Seminario: Resolución de Conflitos

E se os conflitos foran unha oportunidade de transformación? Este seminario de 15 horas ofrece ferramentas para abordar o conflito desde unha perspectiva positiva, aprendendo a relacionarnos con el de forma creativa e valorando o seu potencial para as organizacións e equipos.

Datas: 26 – 28 abril 2024
Lugar: Centro de Emprendemento “A Estación” de Vedra

Curso Medio de Facilitación de Grupos

Este curso, acreditado polo IIFAC-e e coordinado por Anna Pujol e César Fernández, dá continuidade ao Curso Básico de Facilitación de Grupos. A formación permite afondar nas habilidades, técnicas e ferramentas necesarias para a facilitación de procesos grupais, ofrecendo espazos de experimentación e co-facilitación supervisada.

Formación bonificada: As nosas formacións están tamén bonificadas pola Fundae (Fundación Estatal para a Formación no Emprego), permitindo que as empresas poidan acceder ás nosas formacións de maneira bonificada.

Datas: Pendente lanzamento de nova edición
Para máis información: info@rexenerando.com