Facilitación e Participación Social
Foro da mocidade
Un proxecto de fomento da participación cidadá e dos valores democráticos dirixido á poboación moza. Desenvolto para o Concello de Sada, inclúe obradoiros en aula para identificar as necesidades da mocidade e darlles forma a propostas para o seu concello, culminando nun Pleno con representación municipal para trasladar estas ideas.
Ano: 2021
Clienta: Concello de Sada
Apoderamento lingüístico: Ferramentas dende a Educación Social
Obradoiro dirixido ao alumnado do Grao de Educación Social da UDC, que combina teoría e exercicios prácticos para sensibilizar sobre o rol das educadoras sociais no apoio á activación de falantes de galego, nunha lingua minorizada.
Ano: 2020
Clienta: Facultade de Educación Social, UDC
Xénero e Identidade
Enraizadas
Un proxecto de sensibilización en xénero, desenvolto para Euroeume e financiado pola Deputación da Coruña. A través de nove vídeos, visibilizamos as mulleres vinculadas ao sector primario en seis concellos, dándolle voz á súa achega á sociedade dende unha perspectiva ecofeminista.
Ano: 2021
Clienta: Euroeume
De fronte á violencia de xénero
Campaña e programa de sensibilización contra a violencia de xénero, organizada pola Deputación da Coruña con motivo do 25N. A campaña xira en torno á adhesión de concellos e entidades ao manifesto, creando unha rede de compromiso coa igualdade de xénero.
Ano: 2020
Clienta: Deputación da Coruña
Memoria e Territorio
Memoria activa
Programa para o Concello de Bergondo que promove a estimulación cognitiva a través da memoria colectiva e o patrimonio inmaterial. Dirixido a persoas maiores, o proxecto facilita dinámicas interxeracionais nas parroquias para recolectar recordos históricos locais.
Ano: 2020
Clienta: Concello de Bergondo
Seis cafés
Un proxecto de intervención sociocomunitaria e etnografía feminista en Bergondo, centrado no tema dos coidados e a súa relación histórica coas mulleres. A través de entrevistas a veciñas maiores, visibilizamos a súa carga histórica de coidados e aprendemos dos saberes invisibles que preservan.
Ano: 2020
Clienta: Concello de Bergondo