Rexenerando

A FESTA, DE HOXE NUN ANO

Publicación realizada para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración coa veciñanza participante en comisións de festas. Este recurso recolle a memoria das festas patronais e serve como guía útil para as novas persoas encargadas, destacando a importancia da organización comunitaria.

Formato: PDF

Ano: 2023

Clienta: Asociación Airiños da Capela

GOZANDO EN IGUALDADE

Unha guía dirixida a profesorado e familias que aborda a coeducación e o acompañamento das sexualidades na infancia. Desenvolvida para a ANPA do CEIP de Prácticas, presenta unha revisión crítica do modelo de educación sexual e recursos para tratar as sexualidades nas distintas etapas do crecemento.

Formato: PDF

Ano: 2022

Clienta: CEIP de Prácticas

FERROL REBELDE. MAPA DA HISTORIA OBREIRA

Proxecto de divulgación da memoria obreira de Ferrol, recollendo 100 anos de historia en 50 puntos clave da cidade. Este mapa visibiliza o movemento obreiro, promovendo o diálogo social sobre a identidade ferrolá e a súa historia.

Formato: PDF

Ano: 2021

Clienta: Deputación da Coruña

IRÍS: MEMORIA DUN SÉCULO

Publicación elaborada a partir dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria na parroquia de Irís, Cabanas. Recóllese un relato colectivo de cen anos de historia, transmitido polas persoas maiores da comunidade.

Formato: PDF

Ano: 2021

Clienta: Concello de Cabanas

PRENDA DO MEU QUERER

Material ilustrado creado para dar a benvida ás crianzas que nacen no Concello de Cabanas. Este recurso inclúe un paquete de agasallos e fomenta valores de coeducación, diversidade, sustentabilidade e amor pola terra.

Formato: PDF

Ano: 2022

Clienta: Concello de Cabanas

XOGANDO EN IGUALDADE

Guía para profesorado e familias centrada en xiros inclusivos no ámbito do xogo e o patio escolar. Desenvolvida para a ANPA Berbiriana do CEIP Zalaeta, promove a análise de patios cunha perspectiva de xénero, e ofrece dinámicas para traballar na aula ou na casa.

Formato: PDF

Ano: 2021

Clienta: ANPA Berbiriana, CEIP Zalaeta

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia

FÁLAME CON CARIÑO

Guía educativa dirixida a familias e docentes sobre educación afectivo-sexual na adolescencia. Aborda temas como o sexo, a masturbación, a menstruación e a diversidade, e foi elaborada co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Formato: PDF

Ano: 2021

Clienta: Concello de Cariño

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia