Rexenerando

Transformando vidas, rexenerando vínculos

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada en Ferrol no 2014. Dende entón, desenvolvemos proxectos de intervención sociocomunitaria co obxectivo de impulsar a xustiza social e fortalecer os vínculos colectivos

O noso equipo

En Rexenerando traballamos cun equipo interdisciplinar de socias e colaboradoras comprometidas coa creación de proxectos de calidade, baseados en relacións humanas fortes e significativas

Andrea Rico

Educadora social e pedagoga, especializada en facilitación de grupos e intervención socioeducativa. Coordina a área de Facilitación de grupos e participación social

Olga Romasanta

Historiadora da arte e xestora cultural, apaixonada pola memoria colectiva e o apego ao territorio. Coordina a área de Cultura, memoria e territorio

Martín V. Añel

Sociólogo e activista LGBTIQ+, con experiencia en igualdade de xénero e metodoloxías participativas. Coordina a área de Xéneros e identidade

Marcos Abalde

Filólogo, poeta e dramaturgo, colaborador en proxectos de recuperación da lingua e as memorias subalternizadas

Clientas e alianzas

Colaboramos con administracións públicas, asociacións e colectivos para desenvolver proxectos significativos. Entre as nosas clientas destacan:

Os nosos valores

Compromiso coa diversidade e a democracia profunda.
Centralidade dos coidados e os feminismos.
Defensa da lingua e a cultura propias.
Recuperación de voces e memorias marxinadas.
Sustentabilidade persoal e ambiental.
Honestidade, transparencia e transformación continua.