Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada no 2014 en Ferrol. Desde ela, un equipo interdisciplinar de persoas desenvolvemos proxectos de intervención sociocomunitaria para a xustiza social, co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos colectivos.
Que facemos?
Desenvolvemos proxectos propios e proporcionamos a outras entidades e empresas servizos integrais para desenvolver os seus: desde o deseño do proxecto ata a coordinación e execución. Especializámonos nestes tres eixos de acción que facemos tamén transversais en todo o noso traballo.
Facilitación de grupos e participación social
Apoiamos procesos grupais e comunitarios para fortalecer organizacións e promover a participación activa.
Xéneros e identidade
Traballamos pola equidade, o empoderamento e a transformación das relacións cara á xustiza social.
Cultura, memoria e territorio
Traballamos pola equidade, o empoderamento e a transformación das relacións cara á xustiza social.
Os nosos valores
Compromiso
Traballamos con dedicación para impulsar proxectos que xeren un impacto positivo e duradeiro.
Artesanía
Cuidamos cada detalle, creando solucións únicas e adaptadas ás necesidades de cada proxecto.
Xustiza Social
Promovemos a igualdade e o cambio social a través do noso traballo.
Quen somos?
Descubre o noso equipo, os nosos valores e a nosa traxectoria como cooperativa ao servizo da transformación social
Proxectos
Explora os proxectos que desenvolvemos e os nosos traballos máis destacados
Formación
Fórmate con nós en facilitación, mediación e outras áreas de transformación social
Recursos
Accede a guías, publicacións e materiais creados para compartir coñecemento e promover o cambio